xoves, 3 de abril de 2025

PROFESIÓNS 9 - VISITAMOS A "AULA DO MAR"

Hoxe foi un día mooooi especial, xa que fixemos unha saída á "Aula do Mar", e ademais, foi a nosa primeira saída desde que estamos en primeiro.

Xa era hora!


Cando chegamos, estaba Carmen a esperar por nós, que é bióloga, e ademais é a nai de Brais.
O primeiro que nos ensionou, foi un acuario, que tiña moitas especies de animais mariños coma algunha nécora, un centolo, un boi, peixes, ourizos, bogavantes, camaróns, algas...



Cando rematou de ensinarnos todo o que había no acuario, levounos a unha aula na que vimos un vídeos moi interesantes sobre os polbos, as centolas, as algas...


Logo ensinounos unha batea, diferentes aparellos de pesca, cunchas de animais mariños e animais conservados en resina.




Nesa aula, Brais explicounos como se utilizaba o calibre para medir os diferentes tamaños das ameixas.

Cando rematamos de ver todo o que había nesa aula, Carmen levounos a outra na que puidemos utilizar unha gafas de realidade aumentada.

QUE EMOCIÓN!!!







Tamén nos ensinou cría de ameixa de diferentes tamaños.

Cando rematou de explicarnos e ensinarnos todas estas cousas, fixéronnos un agasallo.

Encantounos a visita e todo o que nos contou Carmen.

MOITAS GRAZAS!

Logo de rematar a visita, marchamos a merendar e a xogar un ratiño ao parque do Regueiro.

Pasamos un día fantástico!

Ningún comentario:

Publicar un comentario