venres, 4 de abril de 2025

PROFESIÓNS 10

Hoxe visitounos Ainara, a nai de Carmen, que é patrona de altura da marina mercante.


Traballa na empresa "Cruceros do Ulla" e é a patrona do catamarán "Gran Cormorán" que é o primeiro da foto, ten visión submarina e pode transportar ata 250 persoas. 

Contounos que, con ela, navegan tres persoas máis, que son un mecánico e dous mariñeiros.

Ensinounos a ponte de mando na que traballa e explicounos o que fan algúns dos aparellos que ten alí, coma o GPS, o radar, o timón ou compás.

Explicounos que, ademais de pilotar o catamarán, tamén planifica as rutas, controla o equipo...


Tamén nos ensinou a carta de navegación que utiliza.

Vimos na pizarra diferentes aparellos de proteción, coma as balsas, a radio, ou o chaleco salvavidas que nos trouxo e que puxo Carmen.


Contounos que fai diferentes rutas, coma a do mexillón, a Xacobea, a das Illas Atlánticas, e unha ruta nocturna ou Ruta Starlight a Sálvora na que levan un astrónomo que vai explicando as constelacións que se poden ver esa noite.







E tamén nos ensinou que hai un alfabeto nautico e que cada letra ten un nome.

Gustounos moito a visita e, ao final, fíxonos un regalo a todos.


MOITAS GRAZAS!


Ningún comentario:

Publicar un comentario