martes, 1 de abril de 2025

PROFESIÓNS 8

Hoxe visitounos Inma, que é a nai de Nuria e é perruqueira.

Trouxo mooooitos utensilios e aparellos que utiliza no seu traballo, coma secadores, rulos, cepillos, esmaltes para as uñas, gominas de diferentes cores para o pelo...



 

Ademais de todo isto, tamén trouxo a Juana e lle fixo peiteados e unha mechas. Nós tamén estivemos poñéndolle unhas mechas e rulos.

Juana quedou encantada!

 


Puxemos os rulos.
Pintamos o pelo.


Mirámonos no espello.

Pintamos as uñas.

Ao final,deunos uns agasallos para todos.

Encantounos a visita e pasámolo xenial!


MOITAS GRAZAS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario