venres, 11 de abril de 2025

URA 7

Ura 7 apareceu hoxe, de súpeto, na nosa aula para darnos as grazas por axudarlle a atopar os libros e desexarnos unhas boas vacacións.

PROFESIÓNS 12

Hoxe veu visitarnos Eva, a nai de Carla, que ten unha empresa na que se lle da unha segunda vida ás cunchas.

Esta empresa creouna o avó de Carla no ano 1989.

Carla contounos que o seu avó traballaba nas bateas e tivo un accidente no que perdeu un brazo e que como él quería seguir traballando nalgo relacionado co mar, ocurríuselle que podía reciclar as cunchas para poderlle dar outro uso.

Nun principio, a empresa, chamouse "Abonomar", pero agora o seu nome é "Innomar".

É a única que existe en España e, en todo o mundo, soamente exite outra máis. 

Isto é mooooooi interesante!!!

Hai dúas no mundo e unha delas está na Illa de Arousa!!!

Eva leva a contabilidade  e todo o papeleo da empresa, pero ademais coñece todo o proceso que pasan as cunchas desde que chegan á súa empresa, ata que saen dela.

Explicounos que as cunchas chegan enteiras.


Logo, cunha excavadora, as amontonan.


O seguinte, é pasalas por un forno para queimar e quitarlle as impurezas que puideran ter. 
De seguido, tritúranse e métense en bidóns.
O resultado é este.

Por último se envasan en bolsas e se fan palets con 200 bolsas cada un.




Este producto utilízase como suplemento para as aves, sobre todo as de corral, para fortalecer os seus ósos, e tamén as cascas dos ovos.

Así, os polos e as galiñas estarán máis sans e, ademais non picaran os seus ovos.

Este é un dos usos deste producto, pero tamén nos contou que se utiliza para os campos de golf, para fertilizar o céspede, (nestes casos está máis moido), ou para botar nos fondos dos acuarios.

Encantounos a visíta e, ao final, regalounos uns oviños de chocolate a todos.

MOITAS GRAZAS!

xoves, 10 de abril de 2025

URA 7 PRECISA AXUDA

 Hoxe volveu visitarnos Ura 7.

Precisaba axuda, e nós axudámoslle.


Tivemos que buscar unhas pistas polo patio e resolver unhas preguntas relacionadas cos animais.
 

Libros atopados!

mércores, 9 de abril de 2025

TEATRO NO AUDITORIO DA ILLA

Hoxe fumos ao Auditorio a ver unha obra de teatro baseada no libro "A Biblioteca Galáctica contra a IA Fantástica" e tamén veu ao cole o seu autor Carlos Labraña.

Firmounos o libro e puidemos sacar unhas fotos con él.










Encantounos e pasámolo moi ben!

martes, 8 de abril de 2025

PROFESIÓNS 11

Hoxe veu Natalia, a nai de Julieta, á nosa aula a falar do seu traballo, que é técnico de farmacia e nutricionista. 


Contounos moitas cousas, coma que ela revisa as receitas que fai o médico, dispensa os medicamentos, resolve dúbidas e aconsella aos pacientes e tamén manda a un laboratorio as fórmulas dalgún medicamento para que o fagan.


Tamén nos dixo que tiñamos que ter moito coidado cos medicamentos, porque ás veces, podemos confundilos con lambetadas, e isto pode ser moi perigoso.

Nunca debemos tomar nin manipular ningún medicamento sen permiso!

Isto deben facelo os adultos!

Explicounos que hai diferentes tipos de medicamentos.


Tamén nos contou os diferentes pasos que hai que facer para elaborar eses medicamentos.


Tamén nons deu uns consellos para que coidemos a nosa saúde.

Trouxo ao cole un medidor da tensión e probámolo.
Gustounos moito o que nos contou e ao rematar, repoartiunos unha sorpresiña.


MOITAS GRAZAS!

venres, 4 de abril de 2025

PROFESIÓNS 10

Hoxe visitounos Ainara, a nai de Carmen, que é patrona de altura da marina mercante.


Traballa na empresa "Cruceros do Ulla" e é a patrona do catamarán "Gran Cormorán" que é o primeiro da foto, ten visión submarina e pode transportar ata 250 persoas. 

Contounos que, con ela, navegan tres persoas máis, que son un mecánico e dous mariñeiros.

Ensinounos a ponte de mando na que traballa e explicounos o que fan algúns dos aparellos que ten alí, coma o GPS, o radar, o timón ou compás.

Explicounos que, ademais de pilotar o catamarán, tamén planifica as rutas, controla o equipo...


Tamén nos ensinou a carta de navegación que utiliza.

Vimos na pizarra diferentes aparellos de proteción, coma as balsas, a radio, ou o chaleco salvavidas que nos trouxo e que puxo Carmen.


Contounos que fai diferentes rutas, coma a do mexillón, a Xacobea, a das Illas Atlánticas, e unha ruta nocturna ou Ruta Starlight a Sálvora na que levan un astrónomo que vai explicando as constelacións que se poden ver esa noite.







E tamén nos ensinou que hai un alfabeto nautico e que cada letra ten un nome.

Gustounos moito a visita e, ao final, fíxonos un regalo a todos.


MOITAS GRAZAS!