Hoxe veu visitarnos Eva, a nai de Carla, que ten unha empresa na que se lle da unha segunda vida ás cunchas.
Esta empresa creouna o avó de Carla no ano 1989.
Carla contounos que o seu avó traballaba nas bateas e tivo un accidente no que perdeu un brazo e que como él quería seguir traballando nalgo relacionado co mar, ocurríuselle que podía reciclar as cunchas para poderlle dar outro uso.
Nun principio, a empresa, chamouse "Abonomar", pero agora o seu nome é "Innomar".É a única que existe en España e, en todo o mundo, soamente exite outra máis.
Isto é mooooooi interesante!!!
Hai dúas no mundo e unha delas está na Illa de Arousa!!!
Eva leva a contabilidade e todo o papeleo da empresa, pero ademais coñece todo o proceso que pasan as cunchas desde que chegan á súa empresa, ata que saen dela.
Explicounos que as cunchas chegan enteiras.
Logo, cunha excavadora, as amontonan.
O seguinte, é pasalas por un forno para queimar e quitarlle as impurezas que puideran ter.
De seguido, tritúranse e métense en bidóns.
Este producto utilízase como suplemento para as aves, sobre todo as de corral, para fortalecer os seus ósos, e tamén as cascas dos ovos.
Este é un dos usos deste producto, pero tamén nos contou que se utiliza para os campos de golf, para fertilizar o céspede, (nestes casos está máis moido), ou para botar nos fondos dos acuarios.
Encantounos a visíta e, ao final, regalounos uns oviños de chocolate a todos.
MOITAS GRAZAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario