venres, 28 de marzo de 2025

PROFESIÓNS 7

A última visita do día e da semana foi a de Óscar, que é o pai de Brais, e a súa profesión é acuicultor ostreiro.

Contounos que ten unha empresa na Illa que se chama "Mar Ceibe" que se dedica ao cultivo de ostras e á súa distribución xunto a outros produtos do mar.
Explicounos que, na súa empresa, as ostras pasan todo o proceso, dende a compra da semente ata a súa venda.

E, sabedes onde van a maioría delas? 

Pois si, a Hong Kong. Mooooooi lonxe, verdade? 

Tamén nos ensinou fotos da depuradora, da batea e o barco, das sementes, de cando as pegan nas cordas para logo colgalas na batea...


E logo de oito meses ou un ano, se sacan as cordas para despegalas, limpalas, levalas á depuradora, clasificalas e por último envasalas.

Trouxo ao cole diferentes envases para que puidéramos velos.


Tamén nos contou que a parte de traballar na batea e coas ostras, fai máis cousas, coma ir a feiras para promocionalas e visitar aos clientes.

Ao final da súa explicación, deunos uns agasallos a todos.

Encantounos a visita e pasámolo xenial.

MOITAS GRAZAS!

PROFESIÓNS 6

A primeira visita de hoxe foi a de Iván, que é o pai de Iván, e é mariñeiro.

Contounos que vai pescar nunha lancha e que pesca, por exemplo, peixes, centolas, nécoras, chocos ou camaróns.

Fíxonos un debuxo dunha rede coma as que utiliza, e nos dixo que podían medir ata 300m.

Trouxo a vestimenta que utiliza para traballar, que son unhas botas e a roupa de auga.

Tamén trouxo dúas centolas, unha pequena, que ten voltar ao mar e outra máis grande.

Camiñaron polo chan e asustámonos un pouco, pero logo xa fomos quen de tocalas.




Gustounos moito a visita e pasámolo moi ben.


MOITAS GRAZAS!

URA7

Onte voltamos ter visita de Ura7 e deixounos no sobre outros retos para resolver e unha sorpresa para colorear.


Encantounos a sorpresa!

xoves, 27 de marzo de 2025

PROFESIÓNS 5

Hoxe foi Paula, a nai de Lía, a que veu ao cole a falarnos do seu traballo como profe nun Intituto de F.P.



Contounos que ela non ten un aula coma a nosa, na que estamos todos xuntos, senon que, o seu alumnado non vai ao Instituto todos os días, soamente van para facer os exames. O resto dos días Paula dalles clase no Instituto, pero a través do ordenador, e ensinounos algunhas das cousas que lles ensina.


Pareceunos moi interesante e gustounos moito todo o que nos contou.

MOITAS GRAZAS!

mércores, 26 de marzo de 2025

PROFESIÓNS 4

Hoxe tocoulle vir ao cole a Raquel, que é a tía de Lucas Vázquez. 

Raquel traballa de carretilleira nunha empresa na que preparan diferentes produtos do mar para o noso consumo.


Esta é a carretilla que manexa e coa que move  os diferentes produtos dende un lugar da fábrica a outro.

Contounos que hai días que fai máis de 30.000 pasos e que, ás veces, leva na carretilla ata 900 kg.  Ensinounos algúns deses produtos que carga na súa carretilla.
         
          
E tamén, como ten que ir vestida no seu posto de traballo.


Gustounos moito todo o que nos contou e pasámolo moooooi ben.

MOITAS GRAZAS!

martes, 25 de marzo de 2025

PROFESIÓNS 3

Hoxe tocoulle vir falar do seu traballo, a Salomé, a nai de María, que é xerente da empresa "Mariscos Gilmar".

Explicounos o que é un polbo.

E, SORPRESAAAAAAAA! trouxo dous para que os víramos.


                                         

Ensinounos a roupa que teñen que levar as persoas que os manipulan.

E tamén, todo o proceso dende que o polbo chega á fabrica ata que sae dela cara a moooooooitos países e lugares do mundo.

Se ampliades a imaxe do mapa, poderedes ver cales son todos eses lugares.


Gracias ao seu traballo, Salomé viaxa polos cinco continentes e vai a feiras para ensinar o produto co que traballa.
Tamén nos ensinou onde traballa cando está na fábrica.
E explicounos o que fai.

Ao final da súa explicación, deunos uns agasallos a tod@s.



QUE BONITO E QUE RICOOOOOO!
MOITAS GRAZAS!

domingo, 23 de marzo de 2025

PROFESIÓNS 2

O venres visitounos Fran, o pai de Yago, que traballa arranxando máquinas de ximnasios por toda Galicia.

Ensionounos fotos dalgunhas desas máquinas que arranxa.


Trouxo unha maleta con moooooitas ferramentas e ensinounas algunhas delas.

Unha chave de carraca grande e outra pequena.
     
Un desparafusador e unha chave inglesa.  
      
Mediunos un dedo cun calibre.

E tamén nos ensinou un motor dunha bici e a consola na que aparece a velocidade á que vamos e a distancia percorrida. 


Pasámolo xenial e encantáronnos todas esas ferramentas que nos ensinou.

MOITAS GRAZAS!

PROFESIÓNS 1

O xoves pasado, veunos falar da súa profesión, o pai de Alexia, que é mariñeiro, e trouxo uns cantos aparellos que utiliza para realizar o seu traballo.

Unha nasa, coa que pesca nécoras e camaróns.

Un cambelo,co que captura polvos.

Un cope, no que mantén vivos os camaróns que pescou previamente.

Un truel, co que pesca camaróns.
Un anzol para pescar congrios.

E unha poteira coa que pesca chocos e luras.

Encantounos a visita de Liño e coñecer todos estes aparellos que nos trouxo.

MOITAS GRAZAS!