Hoxe tocoulle vir falar do seu traballo, a Salomé, a nai de María, que é xerente da empresa "Mariscos Gilmar".
Explicounos o que é un polbo.E, SORPRESAAAAAAAA! trouxo dous para que os víramos.
Ensinounos a roupa que teñen que levar as persoas que os manipulan.
E tamén, todo o proceso dende que o polbo chega á fabrica ata que sae dela cara a moooooooitos países e lugares do mundo.
Se ampliades a imaxe do mapa, poderedes ver cales son todos eses lugares.
Gracias ao seu traballo, Salomé viaxa polos cinco continentes e vai a feiras para ensinar o produto co que traballa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario