venres, 28 de marzo de 2025

PROFESIÓNS 7

A última visita do día e da semana foi a de Óscar, que é o pai de Brais, e a súa profesión é acuicultor ostreiro.

Contounos que ten unha empresa na Illa que se chama "Mar Ceibe" que se dedica ao cultivo de ostras e á súa distribución xunto a outros produtos do mar.
Explicounos que, na súa empresa, as ostras pasan todo o proceso, dende a compra da semente ata a súa venda.

E, sabedes onde van a maioría delas? 

Pois si, a Hong Kong. Mooooooi lonxe, verdade? 

Tamén nos ensinou fotos da depuradora, da batea e o barco, das sementes, de cando as pegan nas cordas para logo colgalas na batea...


E logo de oito meses ou un ano, se sacan as cordas para despegalas, limpalas, levalas á depuradora, clasificalas e por último envasalas.

Trouxo ao cole diferentes envases para que puidéramos velos.


Tamén nos contou que a parte de traballar na batea e coas ostras, fai máis cousas, coma ir a feiras para promocionalas e visitar aos clientes.

Ao final da súa explicación, deunos uns agasallos a todos.

Encantounos a visita e pasámolo xenial.

MOITAS GRAZAS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario