venres, 20 de xuño de 2025

URA 7 DESPÍDESE

Hoxe Ura7 fíxonos unha visita para despedirse. Fíxonos moita ilusión, pero tamén setimos un pouco de pena porque marchou para Urano e seguramento non voltaremos a velo.



REMATAMOOOOS!

Chegou o último día de cole e sacamos unhas fotiños.
A ver senos coñecedes?







Tamén fixemos unha festa e, ao final, levamos para casa uns chaveiros cos nosos alcumes que fixemos coa axuda da profe.


xoves, 19 de xuño de 2025

SAÍDA CABODEIRO

Hoxe fixemos unha saída ao Cabodeiro, e alí, menrendamos, fixemos unhas construcións con paus e piñas e tamén puidemos ir á praia e bañarnos. 












Pasámolo xeniaaaaaaaaaal!!!

mércores, 18 de xuño de 2025

BOMBAS NO COLE

O Día do Medio Ambiente, sobráronnos unhas "Bombas de Vida", e hoxe, puxémolas nunhas xardiñeiras que temos no patio do cole.









A ver se temos sorte e, cando volvamos ao cole en setembro, xa podemos ver algunha cabaza.

luns, 16 de xuño de 2025

Este curso fixemos un amiguiño novo que veu doutro planeta, chámase Ura7, e para lembrarnos del, fixemos uns imáns coa súa forma.



Quedaron así de bonitos!




xoves, 5 de xuño de 2025

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Por fin chegou o día e puidemos entregar as "Bombas de Vida" por todo o cole.

Explicámoslles como as fixemos e un pouquiño da súa historia.







Gustounos moito facer esta actividade para celebrar este día facendo un agasallo a todas as persoas que estudian e traballan no noso cole.