mércores, 18 de decembro de 2024

POSTAIS DE NADAL

Esta semana, todas as nenas e nenos do cole, estivemos facendo postais de Nadal.

As nosas rematámolas hoxe e levámolas ao saco do camelo que temos no cole.

Mañá ou o venres iremos a coller unha. 

Que emoción!!!

Estas son as nosas. 


Esperamos que lles gusten moito ás nenas e nenos que as collan.