O mércores fixemos unha visita á lonxa, baixamos a un pantalán, onde nos ensinaron cría de ameixa, o vixiante explicounos en que consistía o seu traballo, e tamén falamos cun mariñeiro que tiña unhas centolas no barco e nos explicou a diferenza entre os machos e as femias.


Dentro da lonxa, ensináronnos as piscinas onde gardan o marisco antes das subastas, e tamén puidemos facer unha simulación de subasta.
Logo, alí ao lado, comezamos o obradoiro de cociña.
Primeiro lavamos as mans e puxemos un gorro e un mandil.
Comezamos coa elaboración dunha pizza que levaba algas wakame na masa.
Para facela, utilizamos auga, levadura, aceite de oliva, sal e fariña.
Logo de remexer todos os ingredientes,
tocounos comezar a amasar,
logo, estiramos a masa, engadimos os ingredientes e as metemos no forno.
A masa que fixemos, levámola para casa para poder practicar e facer unha pizza. Mariví, que é a cociñeira, xa tiña unha masa preparada para que a puidéramos utilizar nese momento.
Mentres se facían as pizzas, Mariví ensinounos a facer outra receta, "Algas espaguete rebozadas".
Pasámolas por fariña, ovo e fariña, e tamén por unha peneira para queitarlle a fariña que sobraba.
Logo, Mariví fritiunas e, ao rematar, puidemos comezar a merendar.
Estaba tooooooodo boíiiiiiiiiiiiiisimo!
Moitas grazas a todas as persoas que fixeron posible este obradoiro.
Aprendemos moito, comemos de marabilla e pasámolo xenial!